Corpo en forma
Sigamos a traballar o corpo nestes días de confinamento pra todos e pra todas cun exercicio de resistencia e forza traballando a zona abdominal facendo 3 series de planchas ou pontes isométricos aguantando o máximo tempo posible nesa posición (se pode ser durante 1 minuto mellor).
Mente en forma 
É moi importante nestes días intentar concienciar a toda a xente pra que se sigan unhas medidas de precaución e de seguridade pra todos e pra todas así que vos animo  a que fagades un slogan lembrando e recomendando cales son as medidas que temos que tomar pra non contaxiarnos e non contaxiar aos demais. 
 LEMBRADE que unha imaxe vale 1 punto e cun vídeo consegues 10 puntos. E lembrade que os máis achegados a vós coma os vosos familiares e amigos poden participar neste reto e terás un punto extra. 
O luns subiranse os puntos e as clasificacións totais!
 
   
Ningún comentario:
Publicar un comentario