Mente en forma
Ola!! Para o reto de hoxe necesitaremos poñer as lentes e a bata de científicos. Preparádevos que toca un experimento!
CORES COMUNICANTES
Material:
-3 botes de cristal transparente
-Pintura para auga, pode ser acuarela, témpera ou calquera outro tipo de cor que se poida diluir
-Servilletas de papel
-Auga
Instrucións:
1 Enche de auga cada bote pola metade
2 Disolve un pouco de pintura de diferente cor en cada bote
3 Enrola unha servilleta e colócaa en cada extremo dos botes. Asegúrate de que toquen o fondo
4 Repite o procedemento ca outra servilleta
5 Espera algúns minutos para que vexas como van adquirindo o ton da cor da auga
Corpo en forma
Propoñémosvos facer un circuito caseiro, podedes utilizar todo o que se vos ocurra e teñades pola casa: mesas, coxíns, papeis, mantas, xoguetes... O reto consiste en facer un GRAN CIRCUITO!
RECORDADE! 1 foto - 1punto/ 1 vídeo- 10 puntos. Se animades aos irmáns, pais, primos etc gañades un punto extra!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario