27/05/20

Último reto

PROBA MENTE EN FORMA: "Buracos"


Moi boas nenos e nenas! Saberiades dicir cantos buracos ten a camiseta? Di o total e especifica cales son nos comentarios !!!


PROBA CORPO EN FORMA: "A CORDA"

Seguro que tedes algunha corda na casa que podades usar paraxogar á corda, lévaa no teu próximo paseo e aproveita para practicar con ela. Saltar á corda é un exercicio físico moi bo que che axudará a manterte en forma, hai varios xogos diferentes, aquí propoñémosche algúns.
Podes xogar ti só como ves nesta imaxen:
   




Podes facelo cos teus amigos ou coa familia:



Tamén podedes intentar saltar varios á vez:






Aproveita o teu paseo para xogar á corda, non esquezas a mascarilla e lavar ben as mans. Mándanos fotos ou vídeos dos teus paseos e dos teus xogos.


Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus 
                      1 vídeo = 10 antivirus 


Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!

Ningún comentario:

Publicar un comentario