11/05/20

RETO 22

Mente en forma
Xa que durante estos días podemos sair da casa nas franxas horarias que establecen as autoridades competentes propoñovos que fagades unha foto no lugar por onde paseades e no-la enviedes a nós.

Corpo en forma
E seguimos traballando o corpo cunha mestura de exercicios de quencemento, algún exercicio de coordinación e algún exercicio de estiramentos:
1. Rotación de tobillos. Rotase a articulación á esquerda e á dereita. O ideal é facer este desprazamento 30 segundos pra cada lado.
2. Movemento de xeonllos.
3. Afirmación e negación.
4. Salto á comba.
5. Estiramento de cuádriceps.

 LEMBRADE que unha imaxe vale 1 punto e cun vídeo consegues 10 puntos. E lembra que os máis achegados a vós coma os vosos  familiares e amigos poden participar neste reto e terás un punto extra.
O luns subiranse os puntos e as clasificacións totais!

Ningún comentario:

Publicar un comentario