20/04/20

RETO 13

Mente en forma
AVIÓN E BARCO DE PAPEL! 
O reto consiste en realizar con folios ou con papel de periódico as diferentes figuras que te propoñemos a continuación: un avión de papel e un barco de papel. Segue os pasos que te mostramos nos vídeos. 
Atréveste a ser o/a piloto/a do avión? E o capitán ou capitana do barco? Atréveste a facer máis figuras? 
A continuación deixámoste os enlace aos vídeos explicativos:
https://youtu.be/WRxco4rIZ4c

https://youtu.be/veyZNyurlwU

https://youtu.be/VeHK_1rujQU

Esperamos o teu video facendo as figuras! Exercita a mente! 

Lembra: 1 foto consegues... 1 punto e 1 vídeo consegues... 10 puntos! E lembra que a túa familia e amigos/as tamén poden participar contigo!!! Sumarás un punto extra!!! 

Corpo en forma
PON A SUDADERA! 
O reto de hoxe consiste en intentar e conseguir poñerse a sudadera, pero para ello deberás colocarte en posición de plancha frontal. Colocarás a sudadera debaixo e diante de ti e terás que poñértela sen saír da posición de plancha frontal. Digamos que so usarás unha man. Conseguirás superar o reto? Non te rindas!
A continuación deixámoste o enlace ao vídeo explicativo e de exemplo:
https://youtu.be/0Ep6ZtO5d3w

Envianos o teu vídeo para gañar 10 puntos!!! 10 antivirusss!!!
¡Esperamos a túa foto ou o teu vídeo! ¡Vamos campión, vamos campiona, conseguiralo!

Lembra: 1 foto consegues... 1 punto e 1 vídeo consegues... 10 puntos! E lembra que a túa familia e amigos/as tamén poden participar contigo!!! Sumarás un punto extra!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario