Mente en forma
Hoxe, neste apartado nos prepararemos para o reto de corpo en forma. Construiremos dúas bandeiras, tedes que crealas e debuxalas, unha de cada cor. Tamén poderedes pintarvos a cara e facer chalecos ou algún distintivo acorde coa cor do voso equipo.
Para o reto de corpo en forma tedes que dividir en dous equipos ás persoas que vivan con vosoutros, porque empeza o xogo...ATRAPA A BANDEIRA!
Para comezar, deberedes dividir a casa, a metade será o terreo dun equipo e a outra metade o do outro equipo. Cada equipo ten que esconder a súa bandeira pola casa e encontrar a do contrincante.
O obxectivo do xogo será que cada equipo capture a bandeira da sua mesma cor. Para conseguilo,o ideal sería ter unha estratexia. Gaña o primero que encontre a bandeira!
Preparados, listos, a xogar!
Lembrade que se nos enviades unha foto gañaredes un punto, con un vídeo serán 10 puntos, e se tamén participan, irmáns, pais, primos, avós,... gañades punto extra!
Ningún comentario:
Publicar un comentario