26/03/20

UNHA IDEA FRUTAL


Fora dos retos damosvos unhas ideas xeniais para pasar o rato na cociña e facer unhas merendas súper sas que farán as nosas defensas de ferro


Que beleza! Se preparades espetadas aproveitade a oportunidade para presentalas deste xeito tan bonito e ademais, sinxelo Deixaredes a todos coa boca aberta!
 Imaxinádevos a cara dos comensais cando lles poñades unha araña como sobremesa! Facela é tan sinxelo como cortar á metade unha laranxa, usar unha das metades como corpo e a outra cortala en toros para facer as patas. A cabeza podedes facela coa punta dunha pera ou con outro anaco de laranxa e para os ollos, dous arandos son suficientes.
Que bolboreta tan doce! Non fai falta que vos expliquemos como se fai, verdade? O importante cando facemos este tipo de presentacións é divertirnos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario