22/03/20

RETO 1





MENTE SA...






O cartel

Hai que deixar voar esa imaxinación.
Este reto consiste en facer un debuxo cunha mensaxe motivacional para ser fortes e loitar contra o virus, para todos os  sanitarios, caixeiros,policías que están ao dar todo por que isto siga adiante e por suposto por todos os que estamos en casiña, que xa sabemos que é duro!!!





Ao ser unha imaxe, cada cartel co seu debuxo e frase proporcionará 1 antivirus por persoa






...CORPO SAN





A bailar.




Todos sabemos o importante que é o exercicio físico para o noso benestar e saúde física e mental. Ao día é recomendable facer un mínimo de 20 - 30 minutos de exercicio, pero o quedarnos na casa non vai supoñer un problema, porque con imaxinación, diversión e moito movemento, conseguiremos superar este reto.

Propoñémosvos deseñar un baile ou coreografía moi sinxela con algunha canción que nos guste. Non dubidedes en pedirlle colaboración aos vosos pais, irmáns ou quen estea convosco en casa.Este vídeo,como o anterior proporcionaranos 10 antivirus para a nosa loita!!!Se engadides aos vosos pais/avós/irmáns,  sumaredes 1 antivirus máis, coma se enviásedes  nunha imaxe!!

SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O TEU RETO NO BLOGUE PULSA AQUI: 
https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

Ningún comentario:

Publicar un comentario